O Proxecto DronRural

Asistimos na actualidade a unha revolución tecnolóxica en todos os eidos empresariais. Robótica, Intelixencia artificial, sistemas autónomos, etc. Entre estas, os drons están a se aplicar en multitude de áreas como a vixilancia, fotografía e vídeo, control aéreo e de tráfico, etc.

DronRural busca achegar esta tecnoloxía ao Medio Rural como polo de atracción de xóvenes e como útil ferramenta profesional. A irrupción de novas tecnoloxías no agro facilitará a incorporación profesional dos xóvenes ao medio rural ao cambiar a percepción negativa sobre o mesmo en canto a traballo e adicación. Así a actual evolución tecnolóxica levaranos dunha imaxe de agricultor traballando no campo de sol a sol, por unha imaxe futura de agricultor como técnico controlador e organizador de múltiples robots que realizan o traballo físico.

As actividades que se propoñen van dirixidas a capacitar no seu manexo e demostrar as posibilidades dos drons no rural, tanto en tarefas “produtivas” como en tarefas de difusión ou publicidade a través da fotografía e vídeo aéreo. Así proponse a realización, en formato taller, das seguintes actividades relacionadas coa aprendizaxe no manexo e control destes aparellos e o uso da información aportada:

  • Talleres de manexo dun dron
  • Talleres de vídeo e fotografía aérea publicitaria
  • Talleres de análise de cultivos con drons

Galería Fotográfica

Vídeo Montaxes

Contacto

Consultas, comentarios, etc

  • Tlf: 680 622 929
  • Mail: dronrural@efagalicia.org
  • Dirección: Centro de Promoción Rural-EFA Fonteboa (Coristanco-A Coruña)